BENVIDOS!!!

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Como estamos no outono, non nos puidemos resistir a facer unha festa de degustación de froitas deste tempo. Comemos froitas xa coñecidas como a mazá, a mandarina, as uvas,...pero tamén arriscamos e demos boa conta de froitos descoñecidos como o caqui e a granada. Fixemos unhas brochetas deliciosas e non quedou nin miguiña!!!

domingo, 24 de octubre de 2010


Comeza un novo curso e 15 pequechos e pequechas empezan unha nova etapa da súa vida. Teñen moitas ganas de aprender, xogar, disfrutar e vivir, así que a miña misión será proporcionarlles todas as ferramentas posibles para acadar este obxectivo. Xa irei contando as peripecias ao longo do curso. Un saúdo

viernes, 25 de junio de 2010

A VIDA DUN VERME DE SEDA


En abril, Uxío (compañeiro de 4 anos) trouxo nunha caixa de zapatos unhas cousiñas pequeniñas. Despois de investigar descubrimos que eran vermes de seda! Así que decidimos ler o libro "Unha eiruga moi larpeira" para ir aprendendo cousas destes bichiños. Durante case 2 meses estivemos alimentando e vendo o desenvolvemento destes animaliños. Aquí vos van algunhas das imaxes deste traballo. Un saúdo

domingo, 6 de junio de 2010



O pasado 24 de maio collemos as mochilas e arrancamos direción A Coruña para visitar o Planetario maila Casa dos Peixes. Comemos no campo, vimos pitiños, as constelación e o que case nos gustou máis a todos: o Tiburón Gastón. É enorme e todos quedamos profundamente impresionados. Desfrutade coas fotos!!!

martes, 18 de mayo de 2010


Este é o 1º vídeo que subimos e anque a calidade poderíase mellorar, aquí tedes aos nenos e nenas de 5 anos ensinando un pouquiño de vocabulario en Lingua de Signos. Espero que o desfrutedes!

viernes, 23 de abril de 2010



Tal día como hoxe do ano 1616, dous grandes autores dicíannos adeus pero deixándonos as súas mellores obras. Eles foron William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Na súa honra, celébrase cada ano o DÍA DO LIBRO, e este ano, decidimos disfrazarnos de persoaxes de contos. Había moitos onde escoller: ratiñas presumidas, princesas, príncipes, ogros, nenos que non querían medrar...Subimos ao lugar onde viven os contos, a BIBLIOTECA. Alí vivimos as historias da Ratiña Presumida, do Coelliño Branco e da Mosca Chosca.
Feliz Día do Libro para todos e todas!

viernes, 16 de abril de 2010

O UNIVERSO


Un bo día apareceunos na clase un libro que nunca víramos antes. Falábanos de sitios moi lonxanos e decidimos investigar. Era o Universo!!Fixemos a portada para ir gardando toda a información nova e tamén fixemos un experimento para representar a orixe de todo, o BIG BANG, cun globo cheo de grans de arroz que despois estoupou e expandiuse por toda a clase.
Elaboramos a nosa propia Terra coas súas capas. Cada neno levou a súa para a casa e facéndolle un corte podíase ver o seu interior.

jueves, 15 de abril de 2010

MESTRES COCIÑEIROS II

Aquí tedes o 2º taller de cociña. Nesta ocasión, ao ter a primavera sobre nós, non nos puidemos resistir a elaborar unha deliciosa torta de amorodos. Mirade que boa pinta ten!

miércoles, 14 de abril de 2010

MESTRES COCIÑEIROS


Unha das cousas que máis me gusta e que lle intento transmitir aos meus nenos e o amor pola cociña. Así que nin cortos nin perezosos montamos un taller de cociña que se repite cada trimestre. Nesta ocasión (e aproveitando que estamos a facer o proxecto do universo), fixemos unhas recetas "extraterrestres".Tiñamos unha tarta sol, unha tarta lúa e tamén bocadiños espaciais.
Ademais de pasalo xenial cociñando, desfrutamos moitísimo zampando!!
Bo proveito!