Este é o 1º vídeo que subimos e anque a calidade poderíase mellorar, aquí tedes aos nenos e nenas de 5 anos ensinando un pouquiño de vocabulario en Lingua de Signos. Espero que o desfrutedes!
viernes, 23 de abril de 2010
Tal día como hoxe do ano 1616, dous grandes autores dicíannos adeus pero deixándonos as súas mellores obras. Eles foron William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Na súa honra, celébrase cada ano o DÍA DO LIBRO, e este ano, decidimos disfrazarnos de persoaxes de contos. Había moitos onde escoller: ratiñas presumidas, princesas, príncipes, ogros, nenos que non querían medrar...Subimos ao lugar onde viven os contos, a BIBLIOTECA. Alí vivimos as historias da Ratiña Presumida, do Coelliño Branco e da Mosca Chosca. Feliz Día do Libro para todos e todas!
Un bo día apareceunos na clase un libro que nunca víramos antes. Falábanos de sitios moi lonxanos e decidimos investigar. Era o Universo!!Fixemos a portada para ir gardando toda a información nova e tamén fixemos un experimento para representar a orixe de todo, o BIG BANG, cun globo cheo de grans de arroz que despois estoupou e expandiuse por toda a clase. Elaboramos a nosa propia Terra coas súas capas. Cada neno levou a súa para a casa e facéndolle un corte podíase ver o seu interior.
Aquí tedes o 2º taller de cociña. Nesta ocasión, ao ter a primavera sobre nós, non nos puidemos resistir a elaborar unha deliciosa torta de amorodos. Mirade que boa pinta ten!
Unha das cousas que máis me gusta e que lle intento transmitir aos meus nenos e o amor pola cociña. Así que nin cortos nin perezosos montamos un taller de cociña que se repite cada trimestre. Nesta ocasión (e aproveitando que estamos a facer o proxecto do universo), fixemos unhas recetas "extraterrestres".Tiñamos unha tarta sol, unha tarta lúa e tamén bocadiños espaciais. Ademais de pasalo xenial cociñando, desfrutamos moitísimo zampando!! Bo proveito!