BENVIDOS!!!

domingo, 3 de abril de 2011

FRESAS



Esta é a nosa plantación de fresas. Estamos esperando pacientemente a que dean as froitiñas, a ver si nos sae unha para cada neno. Xa subiremos fotos co resultado :)

lunes, 14 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011



E xa pasou o Entroido!!!!!Estas son unhas das datas favoritas para min e supoño que para os nenos, tanto pola gastronomía como por poder ser outras "cousas" durante uns días. Este ano, e aproveitando que celebramos o Ano Internacional do Bosque, fixemos unha representación do mesmo, e así había árbores, leñadores, flores, xoaniñas,...e os NENOS E NENAS DE INFANTIL, que representaron aos marabillosos seres mitolóxicos como son os gnomos e as fadas. Non estaban preciosos??

miércoles, 2 de febrero de 2011

Boas amiguiños!! Canto tempo dende a última vez...Pero agora xa o volvemos a retomar con moita forza :) O pasado venres 28 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e da Non Violencia no cole, pero ao longo de toda a semana estivemos a traballar ese tema cos nenos e nenas. Limos o conto "As árbores da Paz" o que nos levou a idea de elaborar unha grande árbore na que as follas son as nosas mans. Tamén traballamos arte a través dun dos grandes pintores, Pablo Picasso. Mediante o libro "El sueño de Picasso", aprendimos moitas cousas da súa vida e tamén nos levou a traballar a Pomba e a identificar unha das súas grandes obras "El Guernica". Esperamos que vos guste ;)