Boas amiguiños!! Canto tempo dende a última vez...Pero agora xa o volvemos a retomar con moita forza :) O pasado venres 28 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e da Non Violencia no cole, pero ao longo de toda a semana estivemos a traballar ese tema cos nenos e nenas. Limos o conto "As árbores da Paz" o que nos levou a idea de elaborar unha grande árbore na que as follas son as nosas mans. Tamén traballamos arte a través dun dos grandes pintores, Pablo Picasso. Mediante o libro "El sueño de Picasso", aprendimos moitas cousas da súa vida e tamén nos levou a traballar a Pomba e a identificar unha das súas grandes obras "El Guernica". Esperamos que vos guste ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario